Comedor Escolar
Cociña
Propia
Cociña caseira elaborada diariamente.
Menú Auditado
Nutricionista
O menú está auditado e controlado por nutricionistas.
Menú
Alérxenos
Adaptamos as nosas dietas para alérxicos, celíacos....
Menú
Mensual
Menús mensuais saludables e equilibrados.
Puntos Crave
O comedor é un dos puntos crave á hora de elixir un colexio para os nosos fillos e fillas.


O Colexio San Jorge ten cocina propia, cociña caseira elaborada diariamente por un equipo de profesionais cualificados e formados anualmente nas dietas alimenticias e na variedade dos menús.
Menús elaborados seguindo a guía do Sergas e a normativa de comedores escolares, ademais adaptamos os nosos menús mensuais para alérxicos, celíacos, etc.
O noso carácter familiar permite coidar tódolos detalles alimenticios do noso alumnado.
O comedor está controlado polo profesorado.
Ofrecemos a opción despois de xantar, para o alumnado de infantil, de durmir unha pequena sesta antes de empezar coa xornada da tarde.
O servizo de comedor permanece aberto dende o primeiro día do curso en setembro ata o último día de curso en xuño.
Educación integral de calidade. Avalada con magníficos resultados nas avaliacións internas e externas.
Recomendacións para o Comedor Escolar
Técnicas culinarias no comedor escolar
No comedor do Colexio San Jorge traballamos a diario para ofrecer unha alimentación equilibrada, saudable e adaptada ás necesidades do alumnado. Por este motivo, as nosas elaboracións baséanse en técnicas culinarias que preservan o valor nutricional dos alimentos e reducen ao mínimo o uso de graxas engadidas.
As preparacións que empregamos de forma habitual son:
- Guisado: coccións lentas e suaves que permiten obter pratos completos e nutritivos.
- Forno: técnica que potencia o sabor natural dos alimentos e limita o uso de graxas.
- Plancha: coccións rápidas e saudables, ideais para carnes e peixes.
- Vapor ou cocido: especialmente presentes en verduras, legumes e guarnicións.
O uso das frituras é moi puntual, reservado unicamente para determinadas elaboracións concretas. A graxa culinaria empregada é exclusivamente aceite de oliva, e priorizamos o uso de produtos frescos, de tempada e de proximidade, en liña coas recomendacións da Lei 17/2011 de seguridade alimentaria e nutrición e da AESAN para unha alimentación escolar saudable.
O noso obxectivo é que os nenos e nenas gocen dunha comida variada, saborosa e equilibrada, fomentando hábitos de vida saudables tanto dentro como fóra do colexio.
Recomendacións xerais para a cea
Co obxectivo de axudar ás familias a completar de forma equilibrada a alimentación diaria do alumnado, ofrecemos unhas orientacións xerais para a cea que permiten complementar axeitadamente o menú que se serve ao mediodía no comedor escolar.
A idea fundamental é buscar equilibrio e variedade, combinando alimentos diferentes aos que os nenos tomaron na comida e priorizando preparacións sinxelas e saudables.
Se ao mediodía comeron carne…
A cea pode incluír:
- Peixe (ao forno, á prancha ou cocido)
- Ovo (tortilla, cocido, revolto)
- Verduras en crema, salteadas ou ao vapor
- Arroz ou pasta en preparacións suaves
Se ao mediodía comeron peixe…
Recoméndase ofrecer:
- Carne branca (polo ou pavo) en preparacións sinxelas
- Legumes en guiso lixeiro ou ensalada
- Pasta ou arroz acompañados de verduras
- Verduras frescas ou cociñadas
Se o prato do comedor foi pasta, arroz ou outro alimento máis enerxético…
A cea debería ser máis lixeira e vexetal:
- Verduras variadas en calquera preparación
- Peixe branco ou azul suave
- Ovo como alternativa de proteína
- Froita de sobremesa
Se ao mediodía tomaron legumes…
Para equilibrar a proteína vexetal:
- Carne branca ou peixe na cea
- Verduras ao vapor, ao forno ou en ensalada
- Pataca ou boniato como acompañamento ocasional
Se o prato principal do día foi frito ou rebozado…
Pola noite convén evitar novas frituras:
- Preparacións ao forno, prancha, vapor ou cocidas
- Verduras como base do prato
- Proteínas suaves (peixe, polo ou ovo)
Ideas de ceas sinxelas e equilibradas
- Crema de verduras + tortilla francesa
- Verduras ao vapor + peixe ao forno
- Ensalada completa + arroz branco
- Salteado de verduras + polo á prancha
- Verduras + ovo cocido + pan integral
- Sopa de verduras + peixe branco
Sobremesa recomendada
- Froita fresca como opción habitual
- Iogur natural ocasionalmente
- Evitar sobremesas azucradas, lácteos de sabores, flans ou bolería
Lembramos que…
No comedor escolar do Colexio San Jorge traballamos a diario para ofrecer aos nenos e nenas:
- Ingredientes frescos, de tempada e de proximidade
- Preparacións saudables e equilibradas
- Aceite de oliva como base culinaria
- Menús variados e adaptados a cada etapa
- Control rigoroso de alérxenos e necesidades especiais
- Un contorno educativo no que se fomentan hábitos saudables e autonomía
As ceas na casa son unha oportunidade ideal para completar o día con comidas sinxelas, variadas e saudables, aliñadas cos hábitos que traballamos no colexio.
