Logo Colexio La Salle
Adscrito ao Colexio La Salle para Educación Secundaria

Colexio Adscrito a La Salle

En 1998 asinamos na Consellería de Educación o convenio polo cal o noso colexio está adscrito a La Salle de Santiago de Compostela.

Ao seren un centro con moita demanda, resulta máis difícil conseguir unha praza. Porén, ao cursares Infantil e Primaria no Colexio San Jorge, todos os alumnos teñen una praza asegurada para Educación Secundaria Obrigatoria. Como centro adscrito temos un prazo previo ao xeral para solicitar praza.

Ademais, o cambio farase máis doado para eles e para as familias, xa que o centro se atopa moi próximo ao colexio. Por outro lado, as clases case completas do San Jorge marchan xuntas a La Salle. Compartir esta experiencia cos seus amigos e compañeiros supón un grande apoio nesta transición.

Colegio Adscrito a La Salle
Prioridade de praza

Os nosos alumnos teñen prioridade con prazos que lles confiren dereito a unha praza.

Excelencia Educativa

Avalados polos magníficos resultados das avaliacións internas e externas.

Ideoloxía e Valores

La Salle ten unha ideoloxía e valores moi acordes co San Jorge.

Proximidade

La Salle está moi cerca do noso colexio, a escasos 10 minutos andando.

¡Comprometidos con unha Educación de Calidade!

Avalada polos magníficos resultados das avaliacións internas e externas, tanto a nivel galego como nacional.

Ubicación La Salle

O centro La Salle se atopa na Rúa Valle Inclán, entre o Parque de Bonaval, o Centro Galego de Arte Contemporáneo e o Museo do Pobo Galego.