
Orientación e Apoio
No Colexio San Jorge apostamos pola atención individualizada e a la diversidade. O Gabinete psicopedagóxico está integrado por un equipo de profesionais cunha ampla experiencia tanto a nivel psicopedagóxico como logopédico: 2 profesionais de PT (Pedagoxía Terapéutica), unha profesional de AL (Audición e linguaxe) e 2 coidadores.
Funcións do Gabinete Psicopedagóxico

Detección de Problemas: Traballo na Rede
Cando un alumno ten algún problema de aprendizaxe na aula, o primeiro en detectalo é o titor. Este ponse en contacto coa orientadora, que é a que fala en primeira instancia cos pais. Conxuntamente evalúase o caso, búscase unha solución entre todos e derívase ao especialista si fose necesario.
Unha vez marcado o protocolo, a comunicación do corpo docente coa familia e co gabinete psicopedagóxico é constante. Creemos fundamental establecer unha solución entre todos, xa que isto será o máis beneficioso para poder axudar ao neno ou nena a superar as súas dificultades nun ambiente de comprensión, axuda e motivación.
Programa de Capacitación de Intelixencias
Potenciación do hemisferio dereito e do esquerdo con talleres lúdicos, actuando no uso das intelixencias múltiples definidas por Howard Gardner.
Programa de Habilidades
Desenvolvemento do alumnado de conductas de interacción básicas no contexto social cotidiano e conductas que permitan comunicar sentimentos, opinións e afectos de forma asertiva.
Programa de Técnicas de estudo
Estratexias xerais de estudo para mellorar a aprendizaxe. Claves para desenvolver unha aprendizaxe máis eficiente.
