Logo Colexio La Salle
Adscrito ao Colexio La Salle para Educación Secundaria

Este Punto Laranxa funcionará como un buzón a través do cal o alumnado, desde o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso ou ciberacoso propias ou que sufran ou perciban en terceiros.

O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

Punto Laranxa

Se estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!

Lémbrase a todos os usuarios que o envío de contidos falsos, bromas ou acusacións sen fundamento a través deste medio pode constituír un delito de acordo co artigo 206 do Código Penal, relativo á simulación de delitos, e/ou o artigo 248.1 sobre estafas, do Código Penal español. Reservámonos o dereito de tomar accións legais contra aqueles que fagan un uso indebido deste servizo en detrimento da nosa institución e dos seus membros.