Logo Colexio La Salle
Adscrito al Colexio La Salle para Educación Secundaria

Política Covid

O centro de educación Colexio San Jorge garantiza que no centro cúmprense con tódalas medidas COVID indicadas polo ministerio de España e as autoridades sanitarias.

Todas as medidas recollidas neste protocolo poden ser obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisións que as autoridades sanitarias autonómicas e estatais adopten. Estas medidas iranse actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica así o requieren, e sempre seguindo as indicacións das autoridades sanitarias.

Política Covid

Medidas Adoptadas

  • Indicacións de membros del Colexio de San Jorge como equipo COVID.

    Director Francisco Collantes Carollo
    Xefa de estudos Gloria Posse Costas
    Orientadora Concepción Fernández Martínez
  • Especificación de Centro de Saúde de referencia: "Centro de Salud Vite" Doctor Vaqueriza.

  • Determinación do espazo de illamento COVID e dos elementos de protección que inclúe. Espazo de uso individual para illar a aquelas persoas e alumnos nas que se detecten síntomas, mentres non se xestiona o seu traslado. Conta coa ventilación axeitada, máscaras, solución hidroalcohólica, material viricida, papeleira de pedal, panos desbotables e luvas

  • Fixación de número de alumnos por nivel e etapa educativa.

  • Determinación dos grupos estables de convivencia (infantil e primaria) e dos colaborativos na etapa de infantil, con asignación da aula, do alumnado, do profesorado que exerza a titoría e os especialistas que impartan materias ao grupo.

  • Medidas específicas para os grupos estables de convivencia, con inclusión de medidas adaptadas á realidade do centro e do grupo. Tanto en Educación Infantil, como en Educación Primaria constituiranse grupos estables de convivencia, segundo a ratio profesor/aula. Tratarase de reducir o número de profesorado por aula, mantendo o titor co número máximo posible de alumnos. Non poderá haber interaccións cos outros grupos. Cada grupo estable de convivencia terá as súas zonas e quendas definidas por horarios, podendo conseguir, nos grupos dos pequenos, o movemento libre dentro da aula. Os movementos dentro do Centro reduciranse ao mínimo e sempre coa máscara e respectando a distancia mínima de seguridade entre o alumnado.

  • Canle de comunicación para dar a coñecer ao equipo COVID os casos de sintomatoloxía compatible, as ausencias de persoal non docente e profesorado e para a comunicación das familias co equipo COVID para comunicar incidencia e ausencias.

  • Fixación de procedemento de rexistro de ausencias do persoal e do alumnado. Rexistro de ausencias do persoal: Folla de validación da xornada lectiva. Ante a existencia da sintomatoloxía do Covid, comunicación da forma habitual. Rexistro ausencias do alumnado Haberá un cadro de rexistro das ausencias para os efectos do protocolo, para a prevención e control do absentismo escolar e do número máximo de faltas de asistencia permitidas. As ausencias derivadas da aplicación das anteriores medidas consideraranse sempre xustificadas, non sendo preciso o xustificante do facultativo para a súa acreditación. Tanto as familias como o persoal comunicarán a ausencia, vía telefónica ou vía email. Todas as aulas comunicarán á Dirección do centro as faltas diarias do alumnado vía email.

  • Procedemento de comunicación das incidencias ás autoridades sanitarias e educativas. EduCovid