Logo Colexio La Salle
Adscrito ao Colexio La Salle para Educación Secundaria

Educación Especial

Un dos pilares do noso proxecto educativo é a aposta pola atención a nenos con necesidades educativas especiais. Cada caso é analizado de xeito individualizado: estúdase como integralo na aula ordinaria e se establece un .

A finalidade é que desenvolvan ao máximo as súas capacidades, entre elas as súas habilidades sociais, e que adquiran unha boa autonomía persoal.

Información General Educación Especial
45 Anos de Experiencia

Apostamos por unha educación de calidade que teña en conta a individualidade de cada alumno.

Equipo de Docentes

Contamos cun equipo de mestres cunha gran experiencia e vocación profesional.

Ensino Plurilingüe

Dispoñemos dun Programa de Bilingüismo avalado polo Trinity College.

Aposta pola Innovación

Creemos nas las ferramientas dixitais como potenciadoras para alcanzar o éxito profesional.

Metodoloxía

Desenvolvemento das Capacidades

O noso cometido é tentar que o alumno desenvolva ao máximo todas as súas capacidades, tanto profesionais como sociais, e que cumpra o maior número dos obxectivos establecidos no seu programa personalizado (establecido polo Gabinete Psicopedagóxico).

Traballo na Red

O gabinete psicopedagóxico traballa en colaboración coas familias e os titores para que a actuación sexa coordinada e coherente. Faise un seguimento exhaustivo dos casos, sempre en comunicación con todos os actores implicados.

Integración na Aula

Estudamos cada caso para determinar o grao de integración na aula. Nalgúns casos a integración é total, noutros contan cun apoio dentro da aula e noutros cun apoio fóra da aula. Esta integración gradual fai que os alumnos de Educación Especial cumpran co maior número de obxectivos dentro da aula ordinaria.

Compañeirismo

Os nenos aprenden en moitos casos por imitación. Estaren integrados na aula ordinaria favorece esta dinámica. Para o resto de alumnos, é enriquecedor comprender a diversidade do mundo desde unha idade temperá. . Responsabilízanse do coidado dos seus compañeiros e aprenden deles.

Proxecto Educativo Innovación

Aulas Especiales

Aulas Especiais

No Colexio San Jorge contamos con 2 aulas de Educación Especial, dentro das cales traballan:

  • 2 profesionais de PT (Pedagoxía Terapéutica)
  • 1 profesional de AL (Audición e linguaxe)
  • 2 coidadores.

Desarrollo Tecnológico

Desenvolvemento Tecnolóxico

Igual que en Educación Infantil e Primaria, en Educación Especial tamén usamos e apoiámonos nas TIC como recurso educativo.

Dentro da aula ordinaria, os alumnos con necesidades educativas intégranse nas actividades de robótica e informática. Ademais, levan tempo cun proxecto de traballo en tablets dixitais. A través de apps específicas de contidos curriculares potencian a lectoescritura, a estimulación cognitiva e o desenvolvemento da creatividade.

¡Moito Máis que un Centro de Ensino!

Contornas cómodas e seguras. Mellora de capacidades e autonomía persoal dos alumnos.

Orientación y Apoyo

Orientación e Apoio

Contamos cun departamento de expertos en psicopedagoxía que están ao servizo dos alumnos para axudalos nas dificultades de aprendizaxe que podan xurdir. Do mesmo xeito, traballan en colaboración cos profesores e a familia para a resolución de calquera problema.

Para cumprir co noso Plan de Convivencia, na garantía dun ambiente de respecto mutuo, nos últimos cursos de primaria, a orientadora dedica unha hora semanal a actividades dirixidas a mellorar as súas habilidades sociais.

Actividades Extraescolares

Actividades Extraescolares

As actividades extraescolares son un dos pilares relevantes do noso proxecto educativo.

Ver Máis

Actividades Complementarias

Actividades Complementarias

Apostamos pola realización de actividades transversais que axuden a sentar as bases de todos os coñecementos.

Ver Máis