Acceso a usuarios

Comedor

O Colexio San Jorge, ofrece COMEDOR a seus alumnos, tanto por día solto como por meses. As comidas sérvense dende as 13:15 horas.

O colexio dispone de cociña propia para a elaboración das comidas. contribúese a seguridade alimentaria do alumno cunha cuidadosa manipulación de alimentos.

Ofrécese unha dieta equilibrada como resposta ás necesidades de nosos alumnos. En todo momento tratarase de concienciar a nosos alumnos da relación existente entre consumo de alimentos e saude.

A comida prepárase e cocíñase no colexio por persoal especializado. Se algún alumno por razóns de saude necesita unha dieta diferente, notificarase mediante nota explicativa ou chamada ao colexio.

Tódolos meses teñen o menú  na web.

As inscricións para comedor, formalízanse ao confirmar praza, ainda que se algunha familia quere que o seu fillo/a quede a comer días soltos, pode chamar ao Centro ou ben enviar unha nota á titora do curso.

Despois da comida os nenos xogan no patio, sempre atendidos polos mestres e os días de mal tempo os xogos trasládanse á biblioteca, as clases ou  á outra sala.... Os nenos de primaria, despois de tempo no patio facen as tareas escolares cos mestres.

Contacto
Avda Coimbra, 24
15704 Santiago de Compostela
42.887003, -8.541056
981-943562 / 677514577
colexiosanjorge@colexiosanjorge.com
Colexio San Jorge