Acceso a usuarios

Organización Interna do Centro

A)Consello Escolar

            É o órgano regulador da actividade escolar, participando no mesmo tódolos estamentos que interveñen no centro: Dirección, mestres, pais de alumnos, persoal administrativo e servicios.

           Os seus compoñentes elíxense democraticamente, por cada un dos sectores e o seu mandato é por catro anos, renovable cada dous na súa metade.

 

B)Dirección

Preside o labor académico e supervisa todas e cadansúa faceta da vida colexial.

 

C)Titores

            Son os responsables da marcha directa e da coordinación das respectivas clases. A eles deberán acudi-los pais, nais ou titores que desexen falar do aproveitamento dos seus fillos.

            Na educación infantil e primaria, os titores son os mesmos mestres. Por ben de todos pregámoslles acudan o mais frecuentemente posible a dialogar cos mestres ou titores os días de visita.

 

D)Fallas de asistencia

            O centro avisaralles puntualmente das posibles fallas de asistencia á clase, agradécese pola súa banda, a súa comunicación e xustificación correspondente.

Contacto
Avda Coimbra, 24
15704 Santiago de Compostela
42.887003, -8.541056
981581398 / 981943562 / 677514577
colexiosanjorge@colexiosanjorge.com
Colexio San Jorge