Ideario

1. O fin primordial deste Centro é contribuir á formación integral de todos os alumnos, tanto na dimensión social como persoal, no respeto aos principios democráticos de convivencia, e nos Dereitos Humáns e Liberdades Fundamentais recollidos na Constitución, así mesmo, fomentar a adquisición de hábitos intelectuais e de traballo que o capaciten para o exercicio de actividades profesionais e tamén que o formen para o lecer, a saúde, o consumo e a paz.

2. Unha das principais funcións do Centro é a de transmitir valores culturais que lle permiten situarse no tempo que lle toca vivir fomentando o desenvolvemento de actitudes críticas.

3. O Centro opta por unha visión cristianan do home, da vida e da educación.

4. Este Centro, dentro da súa condición de interese público, adopta unha actitude de acollida a cantos desexen a educación nel, impartida sen discriminación algunha.

5. O Centro pretende integrar unha Comunidade Educativa na que a Dirección, Mestres e Mestras, Pais, Nais, Alumnas, Alumnos e Persoal Colaborador se responsabilicen e solidaricen na obra educativa que se desenvolve, tanto no medio escolar, coma no entorno social ó que o Centro serve.

6. O Centro contempla a inclusión de alomenos unha actividade artística.

7. O Centro da súa programación da área de Educación Física, prevé un plan sistemático de desenrolo corporal.

8. O Centro concede unha especial importancia ó cultivo da linguaxe, constituindo un dos núcleos do plan de estudios, abarcando a Lingua Galega, Lingua Castelá, e Lingua Inglesa.

9. O ensino impartido no Centro axustarase ás disposicións legais do Ministerio de Educación tendo, dentro dos límites fixados polas leis, autonomía para desenvolver un Proxecto Educativo acorde co seu ideario.

Avda Coimbra, 24 – 15704 Santiago | Telf./Fax: 981-581398 | Telf: 981-943562 / 677514577 | colexiosanjorge@colexiosanjorge.com
Website desarrollado por Puntocero | Mapa Web | Contacto | Créditos | Conforme ó Reglamento Europeo 2016/679